ConcellosEconomíaEconomíaÚltima hora

As entradas da XIX Festa do Botelo poranse á venda o 12 de xaneiro a partir das 9 da mañá

O punto de venda será o Teatro Lauro Olmo e cada persoa poderá mercar un máximo de dez
A concelleira de Cultura Margarida Pizcueta e o alcalde do Barco Alfredo García co cartel. /Foto: Carlos G. Hervella.

Na mañá do 7 de xaneiro, a concelleira de Cultura e o alcalde do Barco de Valdeorras Margarida Pizcueta e Alfredo García, presentaban o programa da XIX edición da Festa do Botelo que se celebrará o 19 de xaneiro de 2019, “todo perfectamente conxugado”, dixo Pizcueta.

No acto dábanse a coñecer o nome do pregoeiro (o humorista Roberto Vilar, protagonista asemade do cartel no que aparece conducindo a “boteloneta” que levaba aos blogueiros por toda a comarca ), o da mención de honra (Restaurante Fernando III) e tamén a data na que se porán a venda as entradas.

Será o vindeiro sábado 12 de xaneiro a partir das 9 da mañá “para que teña opción a xente que traballa”, en palabras da concelleira, cando se podan mercar as entradas no Teatro Lauro Olmo. As portas abriranse unha hora antes para coller número de orde de entrada e agardar o turno vendo unha película. En total poranse á venda 1.150 entradas a 18 euros e cada comprador poderá adquirir un máximo de 10.

 

Presentación da XIX Festa do Botelo do Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Con respecto ao programa, ademais dos actos do sábado 19 de xaneiro co pregón (12h. no Teatro Lauro Olmo), o xantar (14:30h. no pavillón de Calabagueiros) e dos cantos de taberna (19h. polos bares), a Feira de produtos tradicionais instalarase de 11 a 21h. no campo da festa e o programa da TVG Aquí Galicia, retransmitirá dende O Barco a partires das 16h.

A progamación complétase co cine (proxección do filme Unha receita familiar o 17 de xaneiro ás 19 e ás 21h.) e a presentación do poemario Ninfopoética da valdeorresa Fátima Delgado (presentadora do acto do pregón) o día 18 ás 20 horas na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán.

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/o-humorista-e-presentador-roberto-vilar-sera-o-pregoeiro-da-xix-festa-do-botelo-do-barco/

 

Artigos relacionados

Back to top button