ConcellosÚltima hora

As entradas para a XII Festa do Codillo da Rúa poranse á venda o luns 14 de xaneiro

Poderán mercarse no Concello en horario de 9 a 14 horas, por 15 euros
Asistentes á anterior edición da Festa do Codillo da Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.

Un total de 700 entradas porá á venda o Concello da Rúa para a XII edición da Festa do Codillo que se celebrará o sábado 26 de xaneiro.

O programa arrancará en torno ás 12h. coa recepción oficial no Concello. “Recibiremos á delegación de Almendralejo e despois iremos ata o Centro Cultural Avenida onde terá lugar o acto de recoñecemento a Vicente Solarat Maceda a título póstumo e ao Club Deportivo Rúa”, explica o alcalde Luis Fernández Gudiña. E tralo acto institucional, o desenvolvemento da festa será pouco máis ou menos como na última edición, comezando o xantar en torno ás 14 horas no pavillón polidepoertivo.

Mañá, luns 14 de xaneiro poranse á venda as entradas que se manteñen nos 15 euros. Poderán mercarse no Concello en horario de 9 a 14 horas podendo reservar grupos a partires de 8 persoas, e o menú que poderá degustar quen as merque, será coma sempre consomé con picatostes, codillo con grelos, patacas e chourizo, e de postre bica. Para beber, auga e viño da zona, café e licores.

O apartado musical correrá a cargo do Trío Expresión que se encargará de amenizar a sobremesa e da III edición dos cantos de taberna por algúns dos locais de hostalaría da vila, nos que participarán tres agrupacións musicais: Pándega e Abertal, ámbolos dous locais, e Airiños de Caldelas.

Artigos relacionados

Back to top button