En portadaÚltima hora

As entradas para a XX Festa do Botelo do Barco poranse á venda este sábado 11 de xaneiro

A taquilla abrirase ás 9h. no Teatro Lauro Olmo

Asistentes á anterior edición da Festa do Botelo do Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Xa queda menos para a data. Este sábado 11 de xaneiro ás 9 horas, poranse á venda as 1.150 entradas para o xantar da XX edición da Festa do Botelo do Barco que se celabrará o 18 de xaneiro.

Como en edicións anteriores, as entradas venderanse no Teatro Lauro Olmo a un prezo de 18 euros cun máximo de 10 por persoa.

Esa mesma fin de semana comezan tamén os primeiros actos vecelllados á festa, coa III edición do “Blogtrip do Botelo… especial Madrid”. O obxectivo desta actividade que se celebra cada dous anos, é a promoción e comunicación nas redes sociais e medios de comunicación do Botelo, así como do seu entorno turístico-cultural, e nesta ocasión participarán 6 blogueiros e comunicadores galegos que se desprazarán ata O Barco de Valdeorras para coñecer como se elabora e a que sabe o produto cárnico.

 

Entradas da anteriore edición. Foto: Mónica G. Bellver.

 

O programa comezará o sábado ás 11h. coa presentación e benvida dos participantes e a asistencia á emisión en directo do programa “Degustar España” de RNE5 presentado por Manuel Moraga no Teatro Lauro Olmo. Ás 13:30h. visitarán a Adega Roandi e xantarán na Casa Galaica. Pola tarde visitarán a empresa de elaboración do botelo, en Viana do Bolo, Embutidos García Marcos, con posterior ruta polos bares do Barco.

O domingo día 12 os blogueiros e periodistas visitarán o entorno de Xagoaza incluida a Cova dos Monxes de Adegas Godeval, coa despedida prevista para as 12:30h.

Artigos relacionados

Back to top button