ConcellosSemana SantaÚltima hora

As esceas da paixón de Cristo, a pequena escala en Maceda

Trátase dunha mostra que recolle unha variante de belenismo que poderá verse ata 0 5 de abril na igrexa de Nosa Señora das Neves
Unha das imaxes desta mostra que pode visitarse en Maceda.
Unha das imaxes desta mostra que pode visitarse en Maceda.

Recrea, paso a paso, os diversos episodios da paixón de Cristo en Xerusalém a pequena escala. Dende a súa entrada na cidade, pasando pola Última Cea, o horto das oliveiras, a flaxelación, o xuízo ante Poncio Pilatos, a crucifixión e a resurrección. “Esceas da Paixón” é unha exposición que achega unha variante de belenismo novidosa na provincia de Ourense.

Está instalada dende o pasado 22 de marzo na Igrexa da Nosa Señora das Neves de Maceda e permanecerá aberta ata o 5 de abril (de 18:30 a 20:00 en días laborables; de 11:30 a 13:00 e de 18:00 a 20:30 en domingos e festivos). “Estamos acostumados a ver os tradicionais beléns de Nadal nas numerosas casas particulares e igrexas da nosa xeografía, pero neste casao o enfoque vai dirixido cara a Paixón”, explican dende a organización.

Esta mostra recolle os diferentes momentos da paixón de Cristo.
Esta mostra recolle os diferentes momentos da paixón de Cristo.

A mostra ten unha superficie de 14 m2 e conta con 170 figuras. O conxunto está ambientado con montañas, oliveiras, palmeiras, palacio, casas… e demais construcións realizadas todas elas de xeito artesanal con diversos materiais como: cartón-pedra, xeso, madeira, teas, pinturas, poliuretano, porex e látex.

Artigos relacionados

Back to top button