CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

As escolas de música de Trives e O Barco, entre as beneficiarias das axudas da Xunta

O fin desta subvención é “potenciar o funcionamento dos centros que imparten ensinanzas de música, sobre todo tendo en conta a súa crecente demanda”
Concerto de Nadal da Escola de Música de Trives. /Foto: Concello de Trives.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional destinou case 390.000 euros para as axudas dirixidas a escolas de música públicas e privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro. Un total de 11 entidades da provincia de Ourense reciben este apoio económico, que vai destinado a subvencionar o funcionamento tanto das escolas de música dependentes dos Concellos como das asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro. Entre as beneficiarias están a Escola de Música Municipal do Barco de Valdeorras que recibirá 3.909,91 euros, e a Escola de Música Municipal da Pobra de Trives con 2.059,56 euros.

O fin destas axudas é, segundo explican dende a concellería, “potenciar o funcionamento dos centros que imparten ensinanzas de música, sobre todo tendo en conta a súa crecente demanda”. Tamén se busca apoiar aquelas iniciativas que implican “fomentar, difundir e estender entre a sociedade xeral, e en especial entre o público xuvenil, a ensinanza musical desde unha formación non regrada”. Para outorgar as axudas tivéronse en conta aspectos como o número de alumnado matriculado, de especialidades instrumentais impartidas, do profesorado e tempo de dedicación, así como as dimensións das instalacións, o volume do orzamento do centro e o importe total que o centro percibe do alumnado pola impartición das ensinanzas.

 

Alumnos da Escola de Música do Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button