DeportesGalerías de fotosÚltima hora

As escolas deportivas municipais do Barco despiden o curso

A clausura tiña lugar na tarde deo 12 de xuño no pavillón polideportivo

Con música, zumba, baile e moitos diplomas e agasallos concluían as escolas deportivas municipais do Barco a súa actividade. Neste curso reunían a preto de 800 rapaces que recollían na tarde do 12 de xuño no polideportivo da vila os seus diplomas de mans dos seus monitores e tamén do concelleiro de Deportes en funcións, Julio Fernández, no que era o seu derradeiro acto no cargo.

Os primeiros en subirse ao escenario eran os rapaces da escola municipal de fútbol, logo os da escola de tenis, atletismo, baile infantil, multideporte, ballet, voleibol, fútbol sala, zumba e ximnasia rítmica. A clausura das escolas estivo tamén salpicado de actuacións da man das alumnas da escola de zumba e tamén dos participantes na escola de baile.

No acto, no que tamén se adiantaba a programación deportiva para o vindeiro curso, interviña asemade o alcalde do Barco en funcións, Alfredo García, quen aseguraba que “o Concello vai seguir apostando polo deporte base, que é do que sae a canteira” que nutre despois o deporte en categorías superiores.

Texto e fotos: Ángeles Rodríguez
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button