ConcellosÚltima hora

As estradas galegas cobrábanse 112 vidas no 2014

O delegado do Goberno en Galicia vén de facer balance dos datos provisionais de sinistralidade na comunidade
Acto de presentación do "Balance de seguridade vial 2014" en Galicia.
Acto de presentación do “Balance de seguridade vial 2014” en Galicia.

No pasado ano 2014 un total de 112 persoas perdían a vida nas estradas galegas, segundo os datos provisionais dos que dispón la DGT neste momentos. Esta cifra, segundo destacaba o delegado do Goberno en Galicia, o ourensán Santiago Villanueva Álvarez, na presentación do “Balance de seguridade vial 2014” na mañá do 8 de xaneiro, constitúe un incremento respecto ao exercicio anterior; sen embargo, se se compara cos balances de sinistralidade vial na comunidade autónoma en anos anteriores, o número redúcese.

Neste senso, tense rexistrado un descenso dun 60,3% no número de vítimas de tráfico con respecto a hai 10 anos (282 vítimas en 2004), e reducíronse nun 40% nos últimos 5 anos (186 víctimas en 2009). Pese a estes descensos, Villanueva lembraba a importancia da concienciación de todos os usuarios das vías para tratar de eliminar a lacra que supón esta causa de mortalidade.

No caso da provincia de Ourense a tendencia tamén foi á baixa, así dos 46 falecidos na estrada no ano 2000 pasouse a 16 no 2014.

Na presentación destes datos o delegado estivo acompañado pola coordinadora da DGT en Galicia, Victoria Gómez, e polo xefe da Agrupación de Tráfico da Gardia Civil na comunidade, Francisco Javier Molano.

Artigos relacionados

Back to top button