CulturaCulturaÚltima hora

As etapas da República, a Guerra Civil e a posguerra en Valdeorras, nunha conferencia na Coruña

O historiador barquense Félix García Yáñez participaba este mércores no “I Ciclo de Encontros sobre Valdeorras. A Memoria Histórica”

 

Nova cita co “I Ciclo de Encontros sobre Valdeorras. A Memoria Histórica” nesta tarde na Coruña. Este programa cultural, promovido polo colectivo Valdeorras Infinda e pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda na Coruña, achegaba neste 22 de setembro a conferencia “República, Guerra Civil e represión en Valdeorras”, da man do historiador barquense Félix García Yáñez. Celebrábase no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña, con numerosa asistencia de público.

O conferenciante, que foi presentado polo sociólogo e ensaísta galego Manuel Monge, abordaba a resistencia ao golpe de 1936 en Valdeorras, unha comarca cunha gran implantación do sindicalismo agrario. Entre outra cuestións incidía no forte movemento guerrilleiro.

Licenciado en Historia Contemporanea, doutorando pola Universidade Popeu i Fabra de Barcelona, García Yáñez é membro do Ateneo Republicano de Valdeorras, ademais de autor, entre outros, da obra “O Barco e a Terra de Valdeorras durante a II República e o Franquismo (1931- 1977)”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button