ConcellosÚltima hora

As festas de San Xoán de Río propoñen actividades para todos os públicos

A Cea do emigrante será mañá, venres 9 de agosto, a partir das dez da noite
Cea do emigrante en Río.

Con actividades para todos os gustos e públicos se presentan as Festas de Verán de San Xoán de Río que comezán mañá, venres 9 de agosto, e que se estenderán ata o domingo día 11.

O programa arrancará mañá ás 22h. coa Cea do emigrante na que por 15 euros (últimas entradas á venda) poderase degustar un menú a base de empanada, carne ao caldeiro, bica e bebida. De seguido a orquestra Charleston Big Band amenizará a verbena.

Para o sábado día 10 hai programadas diferentes actividades (adestramentos de tiro ao prato no campo de fútbol A Abelleira; campionato de futbolín absoluto no bar Cruceiro; festa da escuma e inchábeis na praza do Concello e campionato de dardos absoluto), antes do baile a cargo do Trío Arte en sesión de tarde e verbena.

As actividades repetiranse o domingo día 10. De 11 a 14h. serán os adestramentos de tiro ao prato estando prevista para a tarde, de 16 a 21:30h. a tirada. De 17 a 19h. celebrarase o campionato de futbolín infantil; e de 19 a 21h. as semifinais e finais dos campionatos absolutos de futbolín e dardos.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close