A RúaConcellosGalerías de fotosÚltima horaVídeos

As Festas de Verán da Rúa, animadas pola charanga “Louband”

 

A charanga “Louband” está a animar este sábado das Festas de Verán da Rúa. Esta ano o Concello decidiu facer pequenas actividades para esta celebración por mor da situación sanitaria actual.

 

 

Así, durante a fin de semana outras charangas percorrerán as rúas da localidade, e proseguirase coas sesións de autocine no Aguillón. Este sábado, 8 de agosto, será o turno de “Tiburón” ás 22:30 horas.

O domingo terá lugar a actuación dun funambulista e o luns, o Aguillón acollerá a proxección de “María Solinha”, presentada polo seu director, Ignacio Vilar.

Artigos relacionados

Back to top button