A RúaConcellosÚltima hora

As Festas de Verán da Rúa, con pequenas actividades

 

Esta fin de semana o Concello da Rúa organiza diferentes actividades en pequeno formato para celebrar as súas Festas de Verán. “Debido ás circunstancias que vivimos non poderemos festexar as nosas festas coma viñamos facendo anos atrás”, lamenta.

 

 

Así, durante a fin de semana varias charangas percorrerán as rúas da localidade, e proseguirase coas sesións de autocine no Aguillón. Este sábado, 8 de agosto, será o turno de “Tiburón” ás 22:30 horas.

O domingo terá lugar a actuación dun funambilista e o luns, o Aguillón acollerá a proxección de “María Solinha”, presentada polo seu director, Ignacio Vilar.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button