ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

As fogueiras da Festa do Chourizo iluminan Vilanova (Trives)

A tradicional cita gastronómica enmárcase na celebración das Candelas e San Brais

 

Un ano máis foron moitas as persoas que na tarde-noite do sábado 1 de febreiro asistían á chamada da Festa do Chourizo en Vilanova (A Pobra de Trives). Unha orixinal cita gastronómica con anos de traxectoria que reúne a grupos de amigos e tamén familias enteiras á calor das fogueiras, aínda que este ano as temperaturas eran altas para a época.

 

Unha peculiar forma de asar os chourizos.

 

Os preparativos comezaban a primeira hora da tarde e xa cara a noitiña todos desfrutaron da xuntanza entre os castiñeiros, comendo, bebendo e cantando ao carón das fogueiras nas que pouco a pouco se ían asando os chourizos e a panceta.

O baile corría este ano a cargo da orquesta Chastton Show, completándose a fin de semana coa celebración da Virxe das Candelas e do San Brais, con cultos, alboradas e sesións vermú.

 

 

Máis información e fotos na edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button