ConcellosÚltima hora

As follas de vide toman a praza do Toural de Sober

Remata a intervención artística da soberina Doa Ocampo, que realizará novas actuacións noutros lugares do municipio
Detalle da intervención mural na praza do Toural de Sober.
Detalle da intervención mural na praza do Toural de Sober.

Follas, moitas follas de vide e cepas. Verde e marrón marcan as tonalidades que dende agora presenta o anfiteatro da praza do Toural en Sober, tras a intervención artística que vén de realizar Doa Ocampo, natural deste mesmo concello lucense.

A fin desta actuación será inaugurada oficialmente pola creadora neste mes de setembro, nun acto no que estará acompañada polo alumnado do CEIP Virxe do Carme nunha visita didáctica á Praza. Esta inciativa forma parte dun proxecto máis amplo presentado por Ocampo ao Concello de Sober. Nel propoñía a realización de intervencións murais en paredes e outras estruturas do espazo público, así como a decoración de lugares en puntos encrave das rutas de paso turístico abordando as intervencións artísticas mediante temáticas relativas a eses entornos concretos.

Trátase, en opinión de Doa Docampo, de “promover formas de expresión contemporáneas a través desta ferramenta comunicativa que é a arte”. Para o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, a proposta vai permitir reconverter espazos deteriorados ou vacíos en lugares cheos de vida e de cor para o disfrute colectivo dos seus habitantes e visitantes. “Axudará a que avancemos así mesmo na incentivación e concienciación da preocupación polo espazo público”.

Vista xeral da praza tras a actuación artística realizada por Doa Ocampo.
Vista xeral da praza tras a actuación artística realizada por Doa Ocampo.

Fotos cedidas polo Concello de Sober

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button