ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

As forzas de seguridade intensificarán os controis de drogas e alcohol no entorno de centros de ensino do Barco

Así o anunciaba o subdelegado do Goberno en Ourense tras a reunión que esta mañá celebraba a Xunta Local de Seguridade deste concello

 

Nesta mañá reuníase a Xunta Local de Seguridade do Concello do Barco, que estivo copresidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, e pola segunda tenente de alcalde do Barco, Margarida Pizcueta. Nela participaban representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Garda Civil e Policía Local

“No encontro fixemos unha valoración da situación da seguridade cidadá e dunha serie de cuestións relacionadas tanto con delitos de diferentes tipo e tamén de violencia de xénero neste concello, así como coa actividade do plan director no entorno escolar e cal é a actividade que tanto a Garda Civil como a Policía Local están facendo no Barco”, sinalaba tras a xuntanza o subdelegado do Goberno en Ourense.

En canto a seguridade cidadá O Barco, González Afonso, aseguraba que O Barco “está nunha ratio de niveles de seguridade aceptables e con índices de criminalidade baixos, que son comparables aos que tiñamos antes da pandemia, dado que no ano 2020 a situación foi de certa parálise en canto a esta cuestións polas restricións en si”. Tamén destacaba que o nivel de “esclarecemento está en rangos aceptables, se ben houbo algún incremento respecto do ano anterior á pandemia en delitos contra o patrimonio, furtos e menos en delitos con violencia, e un descenso en canto a delitos cara as persoas”. No relativo ao programa Viogen O Barco rexistra actualmente 14 casos (a mesma cifra que o pasado ano): 11 non aprezados, de risco baixo 2 e de risco medio 1.

Tamén se constaba un descenso das infraccións administrativas que se viran incrementadas durante o confinamento polas medidas restritivas do Covid. O subdelegado do Goberno tamén insistía en que estase traballando cun “equipo especializado para previr delitos contra o patrimonio e tamén para conseguir e detectar posibles trapicheos de drogas e condutas delitivias no entorno escolar da vila. A Garda Civil, en colaboración coa Policía Local, vai intensificar moito máis dentro dese ámbito controis e as investigacións, sobre todo en situacións que poidan ir contra a saúde pública: alcohol e drogas. Dende a Subdelegación ímos prestarlle unha especial atención e espero que dea froitos a curto e medio prazo”.

 

 

En canto ao plan director dos centros escolares, no pasado curso escolar impartíronse 30 charlas (sobre acoso escolar, internet, violencia de xénero e outras sobre o consumo de drogas e alcohol) e “ofrecémoslle ao Concello a posibilidade de dar charlas a ANPAs sobre situacións en adolescentes de consumo de alcohol e drogas e doutras que eles nos propoñan tamén”.

Tamén destacaba o subdelegado que, en termos xerais estanse intensificando cada día os ciberdelitos, as estafas dese tipo e aumentan, e iso fai que a xente sexa vítima deses delitos. Por iso a Garda Civil, a través dos recén creados equipos@, e a Policía Nacional pon a disposición de equipos especializados este tipo de delitos”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button