CulturaCulturaÚltima hora

As fotografías valdeorresas premiadas no IV Concurso do Camiño de Inverno

Fotografía ganadora do concurso, realizada por Manuel Juan Otero.

 

“Os ríos do Camiño de Inverno” era o eixo temático arredor do cal xiraba o IV Concurso fotográfico do Camiño de Inverno, organizado pola Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra. Nela resultaban premiadas dúas imaxes tomadas por outros tantos fotográfos valdeorreses.

Así sobre o Sil recaían o primeiro e terceiro premio. Así ganaba o concurso Manuel Juan Otero López do Barco de Valdeorras coa fotografía “Túnel de Montefurado”, mentres que o terceiro premio era para Lois Prada Ferrer de Veigamuíños-O Barco, pola súa obra: “Meandro no Sil polo Barco de Valdeorras”.

 

Meandro do Sil fotografado por Lois Prada Ferrer, ganador do terceiro premio.

 

 

Ambos destacaban o máis significativo deste río: “un, a gran obra que os romanos realizaron no século II furando a montaña para desviar o curso do Sil, que nesa zona describía un gran meandro e así poder extraer o ouro. O outro, ofrécenos unha bonita estampa do meandro que o Sil describe ao seu paso polo Barco de Valdeorras ofrecendo unha espectacular panorámica da vila e val. Sen dúbida, entre os numerosos meandros que describe o Sil, este é un dos máis belos”, tal e como destaca a presidenta da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, Aida Menéndez.

 

Artigos relacionados

Back to top button