Galerías de fotosÚltima hora

As frebas e a festa triunfaron en Petín

Unhas 500 persoas participaban na XV edición da cita gastronómica

Sen o frío extremo que adoitaba facer nesta data, na noite do sábado 6 de decembro en torno ás 500 persoas asistían a unha nova edición da Festa da Freba de Petín, unha cita consolidada no calendario gastronómico da comarca de Valdeorras.

Pasaban das nove e media da noite cando os camareiros (en torno a medio cento de voluntarios), comezaba a servir o consomé, o primeiro prato dun menú no que non faltaron os chourizos cocidos e por suposto a estrela da noite, a freba de porco recén asada. De feito, mentres os comensais degustaban o primeiro e segundo prato no interior da carpa, no exterior os “asadores” poñían a punto as grellas sobre as brasas para que a carne estivese no seu punto á hora de servila. A ucheira de postre, o viño e os licores completaron a cea, que remataba cunha festa por todoo alto ao son da Sonora Petinesa que tocou ata a madrugada.

Entre os asistentes había veciños do pobo e doutros puntos da comarca así como parte do equipo artístico de “A Esmorga” o filme de Ignacio Vilar estreado en novembro con gran aceptación por parte do público.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button