ConcellosO BarcoÚltima hora

As funcións volven ao Teatro Lauro do Barco a partir do 18 de setembro

No seu escenario a Escola Galega de Teatro Musical presentará "O Candil"

Exterior do Teatro Lauro Olmo do Barco./ Foto: A.R.

 

Cun calendario de ata 14 espectáculos ata finais de ano, volve a actividade ao escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco, tras meses de peche debido á crise sanitaria do Covid-19. “Dentro dunha semana comezamos, retomamos a programación adiada pola emerxencia e incorporamos propostas novas. Con toda a seguridade, aforo reducido e todo o necesario para que público, artistas e técnicos estean ben”, tal e como sinala a través das redes sociais o Teatro Lauro Olmo do Barco.

Así o pano abrirase o vindeiro 18 de setembro ás 21h. con “O Candil” da Escola Galega de Teatro Musical. Ademais, en setembro o auditorio barquense acollerá outra proposta “A compañeira de piso” de Contraproducións, o vindeiro día 25 de setembro ás 21h.

As citas co teatro no Barco continuarán en outubro con ata cinco obras de teatro, en novembro con outras catro e en decembro con tres máis.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button