ConcellosÚltima hora

As gaitas soarán en Cabeza de Manzaneda

Un ano a estación de montaña acollerá o Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas “Memorial Gabino García” o 26 de xullo
Presentación do VI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas.
Presentación do VI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas.

A última fin de semana do mes de xullo, as gaitas volverán soar nos cumios de Manzaneda. Gaiteiros de Galicia, Cataluña e Navarra participarán os días 25 e 26 no VI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas “Memorial Gabino García” en Cabeza de Manzaneda, un evento organizado polo Concello de Manzaneda coa colaboración da Xunta de Galicia e Oca Nova Manzaneda, e promovido pola Deputación de Ourense.

O evento, que malia ter cambiado de nome en varias ocasións vense celebrando dende o ano 1991, era presentado na mañá do 16 de xullo no pazo provincial contando coa presenza do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde de Manzaneda, David Rodríguez; o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo, e o director xeral de Oca Nova Manzaneda, Gustavo Sanmartín.

Na presentación, Foxo destacou que o día 25 pola noite terá lugar a celebración da “Noite Celta”, na que actuarán a Banda de Gaitas do Centro Galego de Navarra “Lapsus Gaita”, as Cantareiras da Real Banda, “Pol Lari & Meritxell Bayarri, e a Real Xuvenil. E xa o domingo día 26, entre as 11 e as 14 horas, terá lugar o certame coa participación das bandas “Flariz”, de Monterrei, “As Xuncos” de Xunqueira de Espadanedo, as Bandas de Gaitas dos concellos de Verín, Riós, Vilariño de Conso e Manzaneda, e a da Carballeira. O evento rematará coa entrega de diplomas e medallas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close