ConcellosÚltima hora

As igrexas románicas de Sober estrean sinalización

Esta intervención enmárcase no plan de sinalización do Consorcio de Turismo da Ribeira
Un dos sinais indicativos das igrexas de Sober.
Un dos sinais indicativos das igrexas de Sober.

A partir de agora aos visitantes resultaralles máis doado chegar ata as igrexas románicas de San Pedro de Canabal, Santa María de Proendos, San Vicente de Pinol e San Xulián de Lobios, todas elas no municipio lucense de Sober. Atendendo á petición deste Concello, o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra vén de colocar paneis direccionais de sinalización destes templos. Ademais está previsto que se instalen paneis informativos na súa contorna.

“O que se pretende coa mellora e reforzo da sinalización é facilitar a visita aos recursos turísticos do Concello e, ao mesmo tempo, incrementar o número de visitantes que se achegan á localidade”, asegura o alcalde soberino, Luis Fernández Guitián.

Nesta mesma liña, o Concello de Sober publicaba unha guía turística monográfica na que se recollen todos os exemplos do románico que atesoura a localidade.

Artigos relacionados

Back to top button