ConcellosÚltima hora

As III Xornadas Micolóxicas de Parada de Sil, pasadas por auga

O programa incluía charlas sobre temas como o “Proxecto Tregumelos”, unha saída ao campo e desgustación de cogomelos
Imaxe dun detalle do programa e de varios exemplares de cogomelos./ Foto cedida pola Fábrica da Luz.
Imaxe dun detalle do programa e de varios exemplares de cogomelos./ Foto cedida pola Fábrica da Luz.

Malia ao chuvioso do día, ao redor de 20 persoas, procedentes de diferentes puntos de Galicia, dábanse cita o domingo 16 de novembro na Fábrica da Luz de Barxacova para participar nas III Xornadas Micolóxicas de Parada de Sil. O programa encetábase a partires das dez cunha charla impartida por Gloria Luis Santamarina e por María José López, secretaria e axente de emprego, respectivamente, do Concello da Veiga. Na súa intervención abordaron o “Proxecto Tregumelos”, que vén desenvolvendo este municipio valdeorrés dende hai uns anos, e tamén da Ordenanza reguladora pola que se rixe o couto de cogomelos deste Concello. “Explicaron o por qué, a experiencia e a lexislación do couto de cogomelos instaurado no concello da Veiga. Unha charla na que o público asistente involucrouse pola curiosidade deste tipo de iniciativas pioneiras”, explican dende a organización das xornadas.

Logo, Ricardo Mínguez e Borja Mínguez daban unha clase teórica de iniciación aos cogomelos. Primeiro realizaban “unha introdución teórica para, máis tarde aplicala na saída que se fixo pola pasarela do río Mao. Nesta saída, encontráronse ao redor de 50 especies diferentes, de entre as que había unha ducia comestibles”, indican dende a organización.

Clasificación de cogomelos./ Foto cedida pola Fábrica da Luz.
Clasificación de cogomelos./ Foto cedida pola Fábrica da Luz.

parada2

A xornada continuaba cunha degustación de cogomelos presentados en diferentes pratos: dende uns roliños de castaña, repolo e variado de cogomelos ata unhas fabas con langostinos e cogomelos. “Unha xornada plena de coñecemento na que destacou a involucración e o interese do grupo de participantes en todas as actividades programadas, dende o debate na charla dos coutos ata a aportación de diferentes especies recollidas durante a semana descoñecidas para eles”, resalta a organización, en mans da Fábrica da Luz en colaboración co Concello de Parada de Sil.

Artigos relacionados

Back to top button