CulturaCulturaÚltima hora

As III Xornadas Valdeorresas en Barcelona superan expectativas

O Periódico O Sil e Florencio Delgado Gurriarán foron os protagonistas desta edición celebrada no Ateneu Roig

 

Superando as expectativas da organización “e xa eran moi altas”, di Anxo Baranga, se celebraban as Xornadas Valdeorresas en Barcelona 2022, adicadas este ano ás Letras Galegas, no Ateneu Roig barcelonés, no Barrio de Gracia.

Cunha homenaxe ao Periódico O SIL e un obradoiro de teatro-encontro da man de Amparo Rodríguez de Dios, como eixes, a terceira edición das xornadas comezaba coa inauguración da exposición ‘O SIL, 25 anos de prensa en galego’ o venres 29 de abril, ao que asistían numerosas persoas que se interesaron polo traballo deste medio de comunicación a prol da cultura e lingua galegas.

 

Anunciando as III Xornadas Valdeorresas en Barcelona.

 

O outro eixo das xornadas era o obradoiro de teatro sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán con Furafollas Agrupación Teatral, que se desenvolvía na xornada do sábado 30 de abril, coa posta en escena o domingo 1 de maio.

Amparo Rodríguez de Dios é directora de escena pola ESAD de Galicia e dirixiu a súa traxectoria profesional cara ao teatro da oprimida. “A min o que me interesa é o teatro social polo que me especialicei en Madrid nesta rama (o de encontró é un tipo de teatro social), despois mergullleime na vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, unha persoa moi cercana e moi social, e este ano que será o homenaxeado das Letras vin claramente que había que unir estes dous elementos”, conta Amparo. E así nace o proxecto que levou a Barcelona.

 

Os membros de Furafollas con Amparo Rodríguez de Dios, nun descanso do obradoiro de teatro.

 

“O de encontro é un tipo de teatro intimista no que se establece unha relación entre o actor/ actriz e o público. Son propostas sobre unha temática moi vinculada ao actor en relación coa vida e obra de Florencio Delgado Guarriarán”, explica a directora de escena, engadindo que o que crearon as persoas que participaron no obradoiro foi unha proposta relacionada coas experiencias vitais de cada un, vinculada á vida e obra do poeta valdeorrés. A primeira parte do obradoiro foi presentar a Florencio e despois Amparo deulles ferramentas para ir construíndo esa peza teatral a partir das súas propias inquedanzas en relación coa peza de Florencio.

A posta en escena foi a presentación nun espazo aberto, conde compartiron co público esa peza que foron creando. “Son propostas moi íntimas, xa que cada actor actúa só para tres ou catro persoas, e de forma simultanea en diferentes partes da praza. E precisamente se chama teatro -encontro porque o que fas é atoparte co público e crear un momento íntimo no que a actriz comparte unha inquedanza persoal e o público responde abríndose unha conversa entre ambas partes”, puntualiza Amparo, adiantando que é un proxecto que tamén levarán a Córgomo e a Vilamartín de Valdeorras.

 

 

 

Fotos e vídeos: Anxo Baranga.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button