ConcellosO BarcoÚltima hora

As imaxes da campaña “Revelando a Xela” xa locen nos escaparates do CCA

 

Unhas sesenta fotografías, xunto dos versos de Xela Arias que os inspiraron, xa poden verse noutros tanto escaparates de establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto O Barco (CCA). Estas son unha escolma das realizadas polo alumnado dos colexios Condesa Fenosa, Divina Pastora, Julio Gurriarán e Otero Pedrayo, así como o dos institutos Lauro Olmo e Martaguisela, dentro da campaña “Revelando a Xela”, promovida polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos citados centros en colaboración co CCA.

Estas imaxes estarán expostas ata o vindeiro 31 de maio nos escaparates dos establecementos participantes nesta campaña.

Fotos: A.R.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button