OurenseÚltima hora

As infraccións penais leves ascenden lixeiramente no concello de Barbadás

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, copresidiu a Xunta Local de Seguridade

Co convencemento de “seguir afondando na coordinación entres as Forzas e Corpos de Seguridade e a Policía Local como a mellor ferramenta para a estabilización e erradicación das infraccións leves que medraron lixeiramente nos últimos meses no concello de Barbadás”, o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, copresidía na mañá do 29 de maio unha reunión da Xunta de Seguridade da localidade ourensá, á que tamén asistía o alcalde Xosé Carlos Valcárcel.

Previa aprobación da acta da Xunta de Seguridade do 13 de decembro de 2016, os representantes das diferentes Forzas e Corpos de Seguridade e Policía Local foron dando conta dos informes en materia de seguridade cidadá. Na Xunta Local de Barbadás analizáronse os datos relativos á delincuencia na comarca durante o ano 2017 e xaneiro–maio de 2018 que amosan, na totalidade de infraccións penais, un lixeiro ascenso debido sobre todo ao incremento dos delitos tipificados como leves. Tamén se incrementan as infraccións penais sen delito contra a seguridade viaria, e pola contra diminúen as infraccións administrativas. Os niveis de esclarecemento das infraccións penais (graves e leves) mantéñense á alza, o que avala a gran eficacia das Forzas e Corpos de Seguridade.

 

Artigos relacionados

Back to top button