Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

As irmás Aller Pfirter (Peña Trevinca Barco) soben ao podio na proba da liga galega de orientación a pé celebrada en Xermade

Martina era terceira en F12 e Mailén tamén tamén terceira en F18 na carreira celebrada esta fin de semana na localidade lucense

Mailén Aller, terceira en F18./ Foto: Teresa Bellón.

 

Superados os dous primeiros meses do ano, a liga galega de orientación a pé completaba esta fin de semana a 3ª proba no mapa de Serrón do Lobo, en Xermade Lugo). Alí, o club organizador, o Liceo da Coruña, expuxo unha proba “tremendamente esixente, con varios percorridos superando os 300 metros de desnivel e, por momentos, máis parecido a unha proba trail que a unha proba de orientación”, explican dende o Peña Trevinca, o club barquense que participaba con 5 deportistas.

Os resultados máis destacados os das irmás Aller Pfirter en categorías de formación: Martina era 3ª en F12 e Mailén tamén 3ª en F18.

O ritmo non para e marzo vén cargado de probas. Dúas carreiras serán no monte, ounha correspondente ao campionato sprint e outra en bicicleta de montaña.

 

Martina Aller, terceira en F12./ Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button