CulturaCulturaSen categorizarÚltima hora

“As laranxas máis laranxas de todas as laranxas” chega ao Barco

A función do Centro Dramático Galego terá lugar o 21 de novembro no Teatro Lauro Olmo
Escea do espectáculo "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas".
Escea do espectáculo “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”.

O Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras acollerá o espectáculo “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas” do Centro Dramático Galego, o 21 de novembro ás 12h.

A montaxe realizada a partires da obra de Carlos Casares, con dirección escénica de José Caldas e dirección musical de Bernardo Martínez, integra unha intensa campaña escolar que, de xeito paralelo ás funcións concertadas con centros educativos de toda Galicia, pon a disposición dos mestres e os seus alumnos un completo material didáctico e lúdico arredor do espectáculo do CDG e da obra de Casares. O obxectivo é que os espectadores máis novos aprendan a gozar da experiencia de asistir ao teatro e descubran, ao tempo, unha gran figura da nosa literatura.

Esta obra de teatro e música para toda a familia está interpretado por un elenco de seis actores e actrices: Alba Blanco Taín, Alberte Cabarcos, Davide González Lorenzo, Ailén Kendelman, Fran Lareu e Laura Villaverde, que forman parte dunha nova xeración de intérpretes multifacéticos.

Esta recreación, para a que se recupera a escenografía e o vestiario deseñados no seu día pola portuguesa Marta Silva, constrúese a partir de novas achegas musicais e interpretativas que buscan descubrir máis matices e dotar dunha maior profundidade aos personaxes creados por Carlos Casares. O espectáculo reúne nun só acto todas as expresións artísticas, con elementos que van dende a traxedia grega ao teatro popular de rúa de Brasil e Portugal, pasando pola Comedia da Arte e ofrecendo tamén unha homenaxe ao mundo do circo.

Artigos relacionados

Back to top button