ConcellosÚltima hora

As lendas da Raia, na Biblioteca de Verín

O investigador José Lamela impartirá unha conferencia sobre este tema o 22 de xullo
Entrada da Biblioteca Muncipal do Concello de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.
Entrada da Biblioteca Muncipal do Concello de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

Dende a comarca de Monterrei ata a zona da “raia” do Xures a través das lendas. É a proposta que se lanza dende a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín a través dunha conferencia que se desenvolverá o vindeiro 22 de xullo ás 19:30 horas. Levará por título “Lendas da raia” será impartida por José Lamela Bautista, enxeñeiro industrial, investigador, escritor, etnógrafo e autor de multitude de artigos en diversas revistas galegas.

Nesta conferencia, Lamela Bautista estará acompañado polo etnógrafo José Rodríguez Cruz, natural da veciña comarca de Conso-Frieiras, en A Gudiña. É autor de varios libros como “Terras das Frieiras” (no que fai un percorrido pola historia e a cultura da zona limítrofe de Ourense con Portugal e Zamora) e “Así falan na Gudiña ou Mitos, crenzas e costumes da Raia Seca”, entre outros.

Máis información: http://www.bibliotecadeverin.es/

Artigos relacionados

Back to top button