CulturaCulturaÚltima hora

As Letras de Florencio, no “I Ciclo de Encontros sobre Valdeorras” na Coruña

Este acto terá lugar o vindeiro 6 de outubro ás 19:30h. no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

 

Nova cita co “I Ciclo de Encontros sobre Valdeorras. A Memoria Histórica” que se desenvolve dende mediados de setembro na Coruña promovido polo colectivo Valdeorras Infinda e pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda na Coruña. Así, para este mércores, 6 de outubro, ás 19:30 horas, está prevista unha conferencia de Débora Álvarez Moldes no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da cidade herculina.

O seu título será “As letras de Florencio. O éxito dun proxecto”. Primeiro haberá unha introdución poética da man de Paco Campos. A continuación, Débora Álvarez Moldes achegará o percorrido vital de Florencio Delgado Gurriarán e das iniciativas públicas e privadas que se puxeron en marcha para reivindicar o seu papel na historia literaria galega. De seguido, proxectarse a curtametraxe “O Castiñeiro morto”, de Domingo D. Docampo, baseada no primeiro poema publicado polo poeta de Córgomo.

Débora Álvarez Moldes é licenciada en Filoloxía Galega, xestora cultural e directora do proxecto “As letras de Florencio”.

Artigos relacionados

Back to top button