ConcellosÚltima hora

As lexións romanas regresan a Quiroga

A vila celebrará o 18 de agosto Qui-Roma, a V Festa Castrexo-Romana cun programa cheo de actividades
Desfile de lexións por Quiroga na pasada edición de Qui-Roma./ Foto: A.R.

Ao longo dunha xornada, a deste sábado 18 de agosto, Quiroga voltará estar baixo as leis do imperio romano. A vila celebrará “Qui-Roma. V Festa Castrexo-Romana” cun intenso e completo programa que comezará ás 10h. cunha ruta de cabalos e que continuará ás 11h. coa apertura do mercado qui-romano na praza Maior da vila.

Media hora despois terá lugar un dos desfiles da xornada, desta volta coa guardia romana Lucus Equites pola rúa Real, non faltará tampouco a música e un desfile de castrexos ao ritmo de Wyirdamur.

Sen embargo, unha das referencias principais da celebración será o gran desfile “Arde Loucos” pola Real ás 20:30h. coa participación de Xituma Batuke, Wyrdamyr e Os Palletas. Deseguido, xa na praza Maior terá lugar a espectacular loita de gladiadores.

Artigos relacionados

Back to top button