ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

As luces de Nadal envolven as rúas e casas de Larouco

A igrexa parroquial acollerá este xoves o Concerto de Nadal da Real Banda de Gaitas da Deputación

Dende hai xa unhas semanas, as rúas iluminadas de cidades e vilas dan a benvida ao Nadal. Larouco non é allea a esta fermosa tradición lucindo tamén a súa propia decoración: arcos de luz, árbores e edificios iluminados, adornos nos establecementos hostaleiros e nas casas,…

Ademais, este ano a localidade valdeorresa terá unha cita moi especial nestas datas. A igrexa parroquial será escenario, o xoves 27 de decembro ás 18:30 horas, do Concerto de Nadal da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Un festival musical que homenaxeará ás Cantareiras da Seitura de Lentellais (O Bolo), contando ademais coas actuacións da gaiteira procedente de Irán, Liana Sharifian; do cantautor ourensán Emilio Rúa; e da Escola de Gaitas do Concello do Bolo.

 

Árbore iluminado a carón da igrexa parroquial de Larouco.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button