CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

As Macizas Centrais de Trives animarán co seu ritmo a VII Castañada d’a Teixeira

Integrantes do grupo As Macizas Centrais de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Conferencias, gastronomía e moita música son os ingredientes da VII Castañada d’a Teixeira que se celebrará o sábado 9 de novembro. O seu programa comezará ás 10:30h. cun “baño de bosque na Portela”, ás 12h. está prevista unha charla sobre o “Cultivo do castiñeiro”, impartida por Rafael Cudeiro no Centro Social.

E ás 14h. comezará a servirse o xantar da festa a base de xabarían con castañas. Será no Museo do Viño e a súa entrada terá un custe de 10 euros.

Pola tarde, ás 16h. darase paso e un concurso de sobremesas elaboradas, como non podía ser doutro xeito, con castañas. Ademais o programa inclúe as actuacións musicais de Danza Tribal, as Macizas Centrais de Trives e unha mostra de produtos locais.

Esta celebración será organizada pola Asociación Cultural Monte da Carosa.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button