EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

As Macizas Centrais de Trives, entre os grupos da 29ª Feira do Viño de Vilachá (A Pobra do Brollón)

Esta mostra celebrarase o sábado 7 e domingo 8 de maio no conxunto histórico de adegas da Abelaira

As Macizas Centrais tocando na Festa do Botelo. /Foto: Ángeles Rodríguez.

 

O Concello da Pobra do Brollón vén de desvela a súa programación musical na 29ª Feira do
Viño de Vilachá, que se celebrará o sábado 7 e domingo 8 de maio no conxunto histórico
de adegas da Abelaira.

O prato forte musical desta edición será a actuación do grupo Brassica Rapa, primeira fanfarria 100% feminina galega que encherá de ritmos o espazo da Abelaira. Ademais participará un alto número de músicos da zona ou ligadas á Pobra do Brollón. En total actuarán unha ducia de grupos de Cantos de Taberna que se dividirán entre os dous días. Entre eles estarán As Macizas Centrais das Terras de Trives.

Tamén tocará este ano a asociación monfortina Baturruka, que levarán o seu formato de batucada polos rueiros das adegas medievais.

Ademais, os Gaiteiros de Samoeiro terán o seu momento nesta edición. Trátase do grupo de gaitas formado por alumnos da Escola de Música Municipal Samoeiro, da Pobra do Brollón.

 

Cedida.

 

Horarios das actuacións musicais

O sábado, dende media mañá participarán os grupos de cantos de taberna: Antoxo duns poucos, A Derradeira, O Recanto, As Macizas Centrais, Os Parrandas e Son do Mao.

A programación musical do sábado será pechada por Brassica Rapa cunha actuación prevista para as 22:30.

O domingo, abrirán os Gaiteiros de Samoeiro seguidos do pregón que dará paso a Baturruka.

O resto do día, a animación correrá a cargo dos grupos Os Corenta e Chinco, Gaiteiros de Samoeiro, As Recuncadas, Searas, Skachakunchas, Os Somontanos e Os Tabernos.

Artigos relacionados

Back to top button