CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

As Macizas Centrais de Trives, nos V Encontros de Cantos de Taberna nos Viños de Ourense

O grupo das Macizas Centrais durante unha actuación./ Foto: Carlos G. Hervella.

A partires das 20:30h. do vernes 15 de xuño a música tradicional comezará a soar en media ducia de establecementos de hostalaría do centro da cidade de Ourense. Poranse en marcha os V Encontros de Cantos de Taberna nos Viños de Ourense “Hai que cantar!” coa participación dos locais: O Sol, Xés, Orellas, París e A Nosa Taberna.

Entre os grupos que actuarán está a formación trivesa As Macizas Centrais, xunto con De Pé Feito, Escachaferreñas, Mamuxos e Xúa. Completarán o percorrido en torno ás 23.30 horas e logo virá unha festa no Miudiño, na que estarán as cinco formacións. Esta inciativa será organizada polo alumnado de Produción de Audiovisuais e Espectáculos do CIFP A Farixa.

 

Cartel desta iniciativa.

Artigos relacionados

Back to top button