CulturaCulturaÚltima hora

As Macizas Centrais de Trives porán son á IV Xornada Castañeira nos Anguieiros (Quiroga)

O programa comezará ás 17h cunha visita guiada ás caniceiras e incluirá un obradoiro de cabazas, unha conferencia e un magosto popular

As Macizas Centrais de Trives durante unha actuación./ Foto: A.R.

Na vindeira fin a Asociación Boca do Monte dos Anguieiros organizará nesta parroquia de Montefurado (Quiroga) a IV Xornada Castañeira. “Chegado o outono e sendo a castaña a protagonista destas datas decidimos hai 4 anos facer unha xornada divulgativa e festiva arredor dela”, explican dende a organización.

Este ano será o día 2 de novembro e o progama concentrarase na tarde do sábado e non en xornada de mañá e tarde como en anos anteriores. “A partir das 17h. faremos unha visita guiada a 3 caniceiras, ou sequeiros como se denominan noutros lugares, para coñecer o proceso de secado das castañas e ver a tipoloxía das que se conservan en Anguieiros -que son características da zona-. Na visita, poderemos comentar e xente maior explicará a súa experiencia”, adiantan os promotores da celebración.

A continuación, o xerente do GDR Ribeira Sacra, Martín Alemparte, impartirá unha charla sobre o potencial da castaña na zona, comentando tamén as posibilidades de emprender neste sector e tamén diversos aspectos relativos ao Xeoparque Mundial Montañas do Courel.

Para as 18:30 h está previsto facer un obradoiro de cabazas de samaín entre os pequenos/as participantes na festa e a partires das 19.30-20.00 h. servirase unha merenda informal e “comezaremos o magosto popular, asaremos castañas nunha fogueira na coñecida praza do “Portaleiro” -na entrada mesmo de Anguieiros-. Amenizará o este magosto festivo o grupo de música tradicional As Macizas Centrais de Trives”, citando á organización.

En caso de chuvia, “pola tarde suspenderemos o magosto popular pois o costume é facelo sempre ao aire libre. A visita ás caniceiras e a charla non se suspende chova ou non”, matizan dende a Asociación Boca do Monte.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close