ConcellosÚltima hora

As Macizas Centrais e Ouruxobruxo, entre os grupos da III Foliada e Cantos de Taberna do Barco

Nesta cita, enmarcada na XVIII Festa do Botelo, actuarán na tarde do 20 de xaneiro un total de cinco grupos polos bares da vila
As Macizas Centrais de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

A música será outro dos ingredientes principais da XVIII Festa do Botelo do Barco, prevista para o vindeiro 20 de xaneiro. Así dentro do programa desta celebración incluírase a III Foliada e Cantos de Taberna coa participación de media ducia de grupos a partires das sete da tarde.

Entre eles estarán As Macizas Centrais de Trives e Ouruxobruxo da Rúa. Tamén levarán o seu ritmo polos bares da vila Os Corenta e Chinco Boys (A Pobra do Brollón), Píngalle o Moco (O Courel) e Os Palletas (Quiroga).

 

Integrantes de Ouruxobruxo./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button