ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

As máscaras de diversos Entroidos ourensáns e o fulión vianés toman Campobecerros

Esta localidade de Castrelo do Val celebraba na tarde do 1 de febreiro unha animada "xuntanza de amigos entroideiros"

 

Multitude de máscaras de diversos puntos da provincia de Ourense percorrían na tarde do 1 de febreiro as rúas de Campobecerros (Castrelo do Val). Os Felos das 12 parroquias de Maceda, os Cigarróns de Verín e os Boteiros xunto cos Folións Rurais de Viana do Bolo acompañaban aos Peliqueiros desta localidade na “xuntanza de amigos entrodeiros”.

Con este singular encontro Campobecerros vén de iniciar o Entroido, cuxo día grande será o vindeiro 22 de febreiro.

Fotos: Ares Perez.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close