En portadaEntroidoGalerías de fotos

As máscaras toman Viana do Bolo

Uns 14 grupos de diferente puntos de España e do Norte de Portugal se congregaban nesa vila ourensá o 17 de xaneiro

Personaxes de diversas festas de inverno da península abrían na tarde do 17 de xaneiro o programa da I Mascarada Ibérica de Galicia, no oriente ourensán. Este encontro incluía dúas xornadas, a primeira delas en Viana do Bolo e nel dábanse cita ata 14 manifestacións festivas relacionadas coa máscara que desafíaban ao intenso frío.

O desfile arrancaba ás seis da tarde dende a zona alta de vila e remataba pasadas as sete na praza Maior vianesa. O primeiros en desfilar eran os membros da Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso. De seguido soaba o toque da Asociación Folións Rurais de Viana do Bolo, podían verse aos Troteiros de Bande, o Folión de Buxán (O Bolo), ás coloristas máscaras do Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba de Chantada (Lugo), aos Vellarróns de Riós,  o Fulión da Mourela p’acá de Manzaneda, Los Jurrus de Alija del Infantado (León), aos Sidros de Valdesoto (Asturias), ao Folión As Carrelas de Viana, aos Caretos de Parada (Portugal), ao Folión Alternativo de Viana e ao do Casco Vello vianés.

Tras o percorrido, os grupos reuníanse no pavillón polideportivo de Viana onde compartían unha cea. O encontro continuaba ao día seguinte en Vilariño de Conso cun novo desfile. Esta I Mascarada Ibérica do oriente ourensán será organizada pola Comisión Entroido 2015 de Viana do Bolo e pola Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso en colaboración cos Concellos de Viana e Vilariño. Tamén participan Saga e Portas de Galicia.

Texto e fotos: Ángeles Rodríguez

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close