EconomíaEconomíaO BarcoÚltima hora

As mascarillas locen xunto aos traxes no escaparate de Miranda M, no Barco

 

Forman parte da “nova normalidade” xurdida como consecuencia da pandemia do Covid-19. É unha mostra disto é que, ademais de ser usadas a diario na rúa e tamén en espazos pechados, as mascarillas tamén aparecen nos escaparates de tendas de roupa, como un complemento máis.

Así pode comprobarse no escaparate de Miranda M, coñecida tenda situada barquense na esquina da avenida da Estación con Conde Fenosa. Este comercio de moda, cunha dilatada traxectoria de case sete décadas na vila, pechará pronto as súas portas por xubilación. Pero, polo de agora, aínda é posible visitala e aproveitar os seus interesantes descontos de liquidación.

 

 

Nunha parte do seu longo e coidado escaparate, os maniquís levan mascarillas vermellas, un xeito de concienciar á sociedade da importancia e necesidade de usar este elemento que actúa como barreira e protección fronte ao Covid-19 e que se incorpora tamén ao mundo da moda.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button