OurenseÚltima hora

As Mázcaras de Manzaneda, no “Desfile dos Entroidos tradicionais de Galicia”

Terá lugar o vindeiro 4 de maio e reunirá na cidade das Burgas a diversas manifestacións galegas desta tradición como as Pantallas de Xinzo, os Cigarróns de Verín ou os Galos da Mezquita
Mázcaras dun dos fulións de Manzaneda./ Foto: Carlos G. Hervella.

Diversos Entroidos de Interese Turístico de Galicia daranse cita en Ourense na vindeira fin de semana no marco do “Desfile dos Entroidos de Galicia”, unha iniciativa promovica pola Consellería de Cultura e Turismo. Entre as celebracións que participarán destacarán as ourensás, con exemplos como o Fulión e as Mázcaras de Manzaneda, as Pantallas de Xinzo de Limia, as Bonitas de Sande (Cartelle), os Vergalleiros de Sarreaus, os Vellaróns de Riós, os Galos de A Mezquita (A Merca), o Entroido de Vilaboa de Cobres (Pontevedra), os Cigarróns de Verín, etc.

Tamén haberá Entroidos doutros puntos de Galicia como os Xenerais da Ulla, os Volantes de Santiago de Arriba (Chantada) ou unha representación do Entroido de Samede (Paderne, A Coruña).

O desfile sairá ás 12:30 horas desde a Praza Maior e percorrerá as rúas da zona centro da cidade: Lamas Carvajal, praza de Santa Eufemia, rúa Lepanto, praza do Ferro, Santo Domingo, Parque de San Lázaro, Paseo, Lamas Carvajal e remate, de novo, na Praza Maior.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button