EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

As medidas para combatir a podremia da uva, analizadas no Barco

No multiusos da vila desenvolvíase a xornada técnica “Enfermidades da vide e o seu control: A podremia gris”, promovida pola Evega

Cunha numerosa asistencia impartíase ao longo da mañá deste xoves 13 de xuño a xornada técnica “Enfermidades da vide e o seu control: A podremia gris” no salón de actos do edificio multiusos da vila e contarán coa participación de media ducia de ponentes.

O programa iniciábase da man de Pilar Giménez, directora de Asuntos Reglamentarios de Syngenta España, quen ofrecía unha visión xeral dos produtos fitosanitarios en España. Despois, Elisa González, investigadora en patoloxía vexetal, falaba sobre a potencialidade da modelización no control da podremia.

A partires das 11:30h. estaba previsto o relatorio “Alternativas aos funxicidas químicos para o control da podremia da uva”, da man de Carlos Calvo Garrido, responsable da área de viticultura e patoloxía do Centro Tecnolóxico do viño de Tarragona, e despois abordábanse os novos produtos para o control da podremia gris. A última das exposicións achegaba a xestión sobre envases sanitarios, con Óscar Hoyos, responsable de zona de Sigfito Agroenvases. Finalmente realizábase unha mesa redonda coordinada por Emilia Díaz, tecnóloga de viticultura da Evega.

Esta actividade foi organizada pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) en colaboración co Concello de O Barco de Valdeorras, a Fundación Juana de Vega e o CRDO Valdeorras.

Fotos: A.R./ Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button