CulturaCulturaÚltima hora

“As Miradas de Isaac”, un achegamento a un personaxe irrepetible

Esta exposición sobre Isaac Díaz Pardo poderá visitarse na Cidade da Cultura ata o 1 de abril

 

“As Miradas de Isaac” constitúe unha lembranza a un personaxe irrepetible e que abordou múltiples disciplinas, tanto as artísticas, como as do intelecto, as técnicas e as industriais e que sacou adiante iniciativas de calado no conxunto da cultura galega do século XX.

Esta exposición, que se fai coincidir co centenario de Isaac Díaz Pardo (1920-2020), vén de abrir as súas portas neste 6 de novembro no primeiro andar do Museo Centro Gaiás en Santiago, onde poderá visitarse ata o vindeiro 1 de abril. Nela achégase “a súa desbordante personalidade e o seu amplo e polifacético labor, sempre dende unha visión integradora e dende unha firme defensa dos valores máis auténticos de Galicia”, tal e como indican os seus promotores.

Ese achegamento no mundo de Díaz Pardo faise a través de 263 pezas, entre obras de arte, obxectos diversos como máscaras, fotografías, textos, murais, documentos e proxeccións, estruturados en dez seccións.

“Isaac Díaz Pardo conforma un legado do que todos somos herdeiros; a súa obra é un lugar onde atoparnos”, dixo, subliñando que o pintor, deseñador, ceramista, escritor, empresario e editor, forma parte do pórtico de persoeiros que, a través de diferentes disciplinas, traballaron para construír o que hoxe somos”, aseguraba o presidente da Xunta, Alberto Núñez, durante o acto inaugural da exposición Ademais restaba que se trata da primeira gran exposición que se fai desde o falecemendo de Díaz Pardo, trata de albergar todas as perspectivas dunha obra poliédrica que alcanza moitas miradas, pero un só compromiso ético e estético: Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button