Publicidade
En portadaÚltima hora

As montañas e o patrimonio histórico da minaría en Valdeorras, nunhas xornadas na Veiga

Trátase do seminario “As Paisaxes Culturais da Montaña Galega”, que se desenvolverá do 6 ao 8 de outubro en diferentes puntos deste municipio
O cume de Trevinca nevado./ Foto: Carlos G. Hervella.

Paisaxe e patrimonio en relación coa montaña e a súa posta en valor. Serán algún dos temas principais nos que se incidirá no seminario “As Paisaxes Culturais da Montaña Galega”, que se desenvolverá no entorno do Macizo de Trevinca, o teito de Galicia, do 6 ao 8 de outubro.

Este foro comenzará o vernes 6 de outuro ás 10:30h. coa conferencia inaugural “Paisaxe: da mirada individual á acción colectiva” a cargo do catedrático de Xeografía Humana, Joan Nogué, da Universidade de Girona. De seguido abordaranse os “imaxinarios paisaxísticos galegos” con Valerià Paül e Juan Trillo da Universidade de Santiago de Compostela, que ademais participarán en máis ponencias de carácter práctico como a de elaborar un “mapa colectivo das paisaxes culturais vistas” no percorrido ata a Lagoa da Serpe.

Na xornada do sábado 7 de outubro faranse achegamentos a outras paisaxes e culturas en relación coa montaña de zonas como Andalucía ou Cataluña, tamén se falará de patrimonio paisaxístico en zonas de montaña e e máis en concreto haberá un traballo de campo sobre as Minas de Vilanova (A Veiga) da man do historiador valdeorrés Ricardo Gurriarán, da USC, xunto a Paül. Gurriarán tamén terá outra intervención centrada no patrimonio histórico da minaría en Valdeorras.

No programa do domingo tocaranse temas como o do cambio climático, a ordenación das áreas sustentables de montaña ou a protección e conservación das paisaxes culturais neste medio. Asemade abordará un traballo final sobre a planificación para unha paisaxes cultural de montaña.

O seminario, organizado pola Escola Galega da Paisaxe (Fundación Juana de Vega), terá lugar en diferentes espazos (A Veiga, Ponte e Vilanova) e incluirá saídas de campo como complemento ás intervencións.

 

Cartel do seminario.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close