DeportesÚltima hora

As motos encherán Quiroga nesta fin de semana

A VI Concentración A Curuxa percorrerá parte da Ribeira Sacra

De ruta na anterior edición da Curuxa. /Foto: Fotokasko.

 

A explanada do Auditorio de Quiroga está xa preparada para recibir aos moteiros que participarán esta fin de semana na VI edición da Concentración Mototurística A Curuxa.

O programa arrancará esta tarde ás 17:30h. coa apertura de inscricións, do recinto e do bar, e rematará o domingo cos petiscos de despedida, sorteos e entrega de trofeos. E entre medias, haberá obradoiros infantís, un circuíto de pitbikes para inscritos ou un espectáculo Stunt Show con dous dos mellores pilotos da península, Narcís Roca e Acuko. Tampouco faltarán as actuacións musicais a cargo de Dani Barreiro & Friends, Los Íñigos , dj Míchel e Os do Recanto; e por suposto as rutas, que percorrerán este ano a Ribeira Sacra e o territorio do recentemente nomeado Xeoparque Montañas do Courel.

Máis información: https://www.osil.info/o-moto-club-a-curuxa-quenta-motores-para-a-sua-vi-concentracion-en-quiroga/

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close