CulturaCulturaÚltima hora

As mulleres de Viana, protagonistas do documental ‘Pegadas’ que se estreará o 18 de decembro

A proxección será na Casa da Cultura vianesa ás 19 horas

 

O vindeiro sábado 18 de decembro ás 19h estrearase na Casa da Cultura de Viana do Bolo, o documental ‘Pegadas’, un proxecto audiovisual que ten como protagonistas ás mulleres do Concello de Viana. Un traballo que comezou hai máis de 6 meses e que “nos levou a entrevistarnos con máis de 70 mulleres da meirande parte das aldeas de Viana recompilando as súas historias e vivencias”, explican dende o Concello de Viana.

Historias de traballos, familiares, de amor, de festas e bailes, tradicións pasadas, de lendas e contos populares, etc. “Un montón de relatos moi emotivos e interesantes cos que se pretende dar  recoñecemento ás mulleres que formaron e forman parte da nosa historia”, aseguran os creadores deste proxecto, realizado dende a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Viana do Bolo, coa financiación dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Artigos relacionados

Back to top button