ConcellosÚltima hora

As mulleres do rural, protagonistas da mostra fotográfica que chega a Petín este Nadal

A exposición “Mulheres” de Mercedes Vázquez Saavedra poderá visitarse do 22 de decembro ao 10 de xaneiro na Casa da Cultura
Cartel da exposición.

A Casa da Cultura de Petín acolle este Nadal o último proxecto fotográfico de Mercedes Vázquez Saavedra (empresaria, escritora, pintora e fotógrafa). “Mulheres” forma parte dun traballo de investigación no que a polifacética artista natural de Sarria fai protagonistas ás mulleres do rural, a través de retratos tomados en aldeas de Galicia e do norte de Portugal.

A exposición permanecerá aberta ao público desde o sábado 22 de decembro ata o xoves 10 de xaneiro, das 12 ás 14h. e das 18 ás 21h.

O domingo 23 de decembro ás 12h. celebrarase un acto de inaguración que contará coa presenza de Miguel Bautista, alcalde de Petín: de Mercedes Vázquez, autora das obras; e de Ignacio Vilar, director de cine e co-organizador. Ao remate convidarase aos asistentes a petiscos e viño da D.O. Valdeorras.

Despois de Petín, a exposición viaxará entre outros lugares á Coruña, Silleda, Chantada, Lalín e Aventes (Portugal).

 

Artigos relacionados

Back to top button