CulturaCulturaÚltima hora

As “Mulleres na República e na Guerra Civil”, no “I Ciclo de Encontros sobre Valdeorras” na Coruña

 

Proseguen as conferencias do “I Ciclo de Encontros sobre Valdeorras. A Memoria Histórica”, que se vén desenvolvendo dende setembro, promovidas polo colectivo Valdeorras Infinda e pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda na Coruña.

A próxima palestra está programada para o próximo venres, 12 de novembro. Impartiraa Aurora Marco e leva o título de “Mulleres na República e na Guerra Civil”. E será, novamente, no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña.

 

 

Na súa intervención, Aurora Marco abordará a etapa da República, con mudanzas políticas e lexislativas de grande importancia en España, que favoreceu a participación feminina na actividade político-sindical. Ademais lembrará as achegas das galegas naquel período e na guerra civil, e a represión posterior.

Aurora Marco é doutora en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, catedrática de Didáctica da Lingua e Literatura Galega na Facultade de CC da Educación (USC), xubilada. Investigadora e ensaísta, é autora, entre outros, do libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega.

Artigos relacionados

Back to top button