CulturaCulturaÚltima hora

As Mulleres Rurais Bibei de Viana celebran o 25 aniversario

O acto, organizado en conmemoración do Día da Muller Traballadora, reuníu a máis de 350 mulleres

O sábado 7 de marzo foi un día especial en Viana do Bolo, coa celebración de dúas importantes citas. Por unha banda, o Día da Muller Traballadora e por outra, o 25 aniversario da Asociación de Mulleres Rurais Bibei, nun acto que reunía a máis de 350 mulleres chegadas dende diferentes localidades da provincia de Ourense.

O programa arrancaba ás once da mañá na Casa da Cultura coa visita á exposición de artigos elaborados polas mulleres rurais de Viana nos obradoiros e cursos organizados ao longo destes anos.

Trala visita, chegaría o acto de benvida que incluíu unha charla sobre “asociacionismo”, unha proxección fotográfica, a actuación das pandereteiras e o recoñecemento oficial á primeira xunta directiva que poñía a primeira pedra da asociación. A actual directiva, tamén tivo un acto de agradecemento para Ramona García, a presidenta dende hai 17 anos, polo seu labor ao frote do colectivo.

A celebración continuou cun percorrido turístico polo casco vello da vila con aperitivo en Cabo da Vila, rematando cun xantar no pavillón polideportivo.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Fotos: Carlos G. Hervella e Sara.

Artigos relacionados

Back to top button