DeportesÚltima hora

As nadadoras do Sincro Ourense celebran o Nadal cunha exhibición na piscina dos Remedios

 

Cunha simpática exhibición na que participaron todas as nadadoras do club, celebraba o Nadal o Sincro Ourense. A festa acuática tiña este domingo 22 de decembro na piscina dos Remedios, que as nadadoras xa consideran a súa segunda casa, onde demostraron “o froito do seu traballo desde o inicio da tempada con coreografías e figuras”, explican dende o club.

 

 

Todos os asistentes puderon así desfrutar da natación artística na súa versión máis festiva que culminou cunha coreografía en grupo. Un bonito inicio do Nadal para nadadoras e adestradoras que poñían o broche ao día co xantar de Nadal do club que aproveitou a ocasión para “desexar a tod@s moi Felices Festas e que o novo ano reparta saúde, felicidade e, por que non, moito éxito”.

Fotos: Sincro Ourense

Artigos relacionados

Back to top button