A RúaConcellosÚltima hora

As novas medidas farán desaparecer o peche perimetral da Rúa

Unicamente estarán pechados os concellos de nivel máximo e as cidades de Vigo, Pontevedra e Lugo

Via central da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Malia que toda Galicia entrará en nivel medio-alto de restricións, A Rúa deixará de estar pechada perimetralmente. Así se desprende das declaracións feitas polo presidente da Xunta de Galicia na rolda de prensa dada para explicar as medidas tomadas trala reunión do Comité Clínico na tarde deste martes 12 de xaneiro.

Núñez Feijóo expplicou que a comunidade, no seu conxunto, entrará a partir da medianoite deste xoves en nivel medio-alto de restricións, pero o peche perimetral “unicamente se aplicará aos 60 concellos que entran en nivel máximo e a maiores as cidades de Vigo, Pontevedra e Lugo polo seu nivel de tránsito”, dixo, engadindo que en todo caso, “a recomendación é que se limite a mobilidade ao máximo posible”.

Así pois, o peche perimetral desaparece da Rúa, única localidade valdeorresa que xa estaba no nivel medio-alto de restricións e por conseguinte, pechada dende hai máis dun mes.

Máis información no seguinte enlace: https://osil.info/a-xunta-eleva-a-toda-galicia-ao-nivel-medio-alto-de-restricions-e-adianta-o-toque-de-queda-as-22h/

Artigos relacionados

Back to top button