OurenseÚltima hora

As novas restricións fronte ao Covid obrigan a pechar as piscinas no Pavillón dos Remedios

Piscina Rosario Dueñas de Ourense.

 

O mesmo día no que reabre as súas portas trala recomendación, o Pavillón Municipal de Deportes dos Remedios vese obrigado a pechar as piscinas -tanto a de 25 coma a de 50 metros- ao abeiro do decreto emitido onte pola Xunta de Galicia e no que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do Covid-19.

No decreto, publicado no DOG 11-Bis do martes, 19 de xaneiro de 2021, establécese -entre outros puntos- que as instalacións deportivas “non poderán abrir os vestiarios e zonas de duchas aos usuarios”. Así, o Consello Municipal de Deportes, “nun exercicio de responsabilidade, manterá pechadas estas dúas instalacións á espera de que a evolución normativa en materia sanitaria permita a súa apertura”. No entanto, só poderán facer uso das piscinas os clubs federados de natación, sempre seguindo as normas ditadas no anterior decreto.

Artigos relacionados

Back to top button