PolíticaÚltima hora

As Novas Xeracións do PP recadan media tonelada de xoguetes na súa campaña de Nadal

Ademais de xoguetes, recadaron roupa e alimentos que serán distribuídos polas Cáritas locais de Xinzo, A Peroxa, A Bola e a comarca do Carballiño
José Antonio Parente e Manuel Baltar.// Foto: Carlos Asensio.

Os integrantes das Novas Xeracións do PP ourensán conseguiron recadar 500 quilogramos de xoguetes na súa campaña de Nadal “Repartindo sorrisos”. Ademais diso, tamén recolectaron 3.000 prendas de roupa e 300 quilogramos de comida.

Todo isto vaise distribuír “entre as Cáritas locais de Xinzo de Limia, A Peroxa, A Bola e a comarca do Carballiño”, explicou o presidente provincial de Novas Xeracións de Ourense, José Antonio Parente, en rolda de prensa hoxe, 27 de xaneiro. “Con esta iniciativa queremos sumarnos a contribuír cos menos favorecidos da nosa provincia”

Esta campaña é unha iniciativa que os populares máis mozos levan a cabo dende hai seis anos. Alén doutras como a que fan en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, explicou o presidente de NN.XX., que se chama “Ilusiona cun xoguete” e que é para dez nenos que están a padecer “esta lacra que se chama cancro”, dixo, e que pasen este período o mellor posible.

Parente estivo acompañado polo presidente do partido en Ourense, Manuel Baltar, que salientou que recoñeceu o labor destes mozos “que teñen vocación”, dixo, “que se demostra co traballo diario”. “Non vale solo aparecer nun concello dez días antes da campaña electoral, ou un mes antes, o noso é estar todos os días independentemente se hai procesos electorais abertos ou non”, reiterou o presidente.

Artigos relacionados

Back to top button